miércoles, 12 de marzo de 2014

Traballo diario. 12-03-14

Lengua castellana: 
Pág. 118, ej. 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 y 8.

Lingua galega:
Páx. 121, ex. 1.

Coñecemento do medio:
Estudar as páxinas 116, 117, 118, 119, 120 e 121 ou o seguinte resumo.

9 O clima de Galicia e España

O Clima
1     .              O tempo atmosférico:  Como está o aire que nos arrodea nun momento determinado, é dicir, se vai calor, frío, chove  ou vai vento.
2    .      O clima: É o estado característico da atmosfera que se repite nun lugar, é dicir, como son as temperaturas, as precipitacións e os ventos ao longo de moito tempo.
a.       Elementos do clima: (o que hai que medir para estudar un clima)
-        Temperatura
-        Precipitación
-        Presión atmosférica
-        Vento
b.      Factores que inflúen no clima: (o que fai que as medicións varíen)
-        A distancia do mar
-        O relevo
-        A proximidade ao ecuador
Os climas de España
1      .       Clima mediterráneo típico:
a.       Na costa mediterránea, desde Cataluña ata Andalucía, as illas Baleares, Ceuta e Melilla.
b.      Temperaturas son suaves pola influencia do mar. Arredor dos 12 ºC no inverno. Verán caloroso, 27 ºC e incluso máis.
c.       Precipitacións pouco abundantes, sobre todo no verán que é a estación seca. Non se superan os 600 l/m2 anuais. As precipitacións máis abundantes caen na primavera e no outono.
2     .       Clima mediterráneo de interior:
a.       Na Meseta e na depresión do Ebro.
b.      Verán seco e caloroso. Temperaturas extremas, moi baixas no inverno, en torno aos 4 ºC, e altas no verán, uns 23 ºC.
c.       As precipitacións caen sobre todo na primavera e no outono. Adoita chover uns 400 l/m2 anuais.
d.      A vexetación mediterránea (Clima mediterráneo típico e de interior)A vexetación característica é o bosque mediterráneo:
Ø  Árbores: aciñeirassobreiraspiñeiros e, nas zonas máis húmidas, carballos.
Ø  Arbustos: carrascasxarastomiñolavandaxesta romeu.
Ø  En moitas zonas a vexetación natural substituíuse por cultivos.
Ø  Noutras, o bosque mediterráneo foise degradando, e só crecen arbustos.
Ø  Nas zonas máis áridas do sueste da Península, crecen o palmito e o esparto, que son plantas que necesitan pouca auga para medraren.
Ø  Nas zonas máis frías, con clima mediterráneo de interior, medran árbores que resisten ben as baixas temperaturas, como a sabina e o cimbro.


3     .       Clima oceánico
a.       No norte da Península: Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e parte de Aragón e Castela e León.
b.      As temperaturas son suaves ao longo de todo o ano debido á proximidade do mar. Os meses de verán son frescos, cuns 20 ºC de temperatura, e os de inverno son temperados, cuns 11 ºC.
c.       As precipitacións son abundantes ao longo de todo o ano, superan os 1.100 l/m2 e prodúcense en todas as estacións do ano, aínda que no verán descenden un pouco.
d.      A vexetación das zonas con clima oceánico é abundante porque as choivas son frecuentes. Podemos distinguir os bosques e os prados.
ØOs bosques. O bosque típico é o bosque atlántico. Está formado por árbores que necesitan moita auga: carballoscastiñeiros faias. No chan destes bosques tamén medran outras plantas, como fieitos toxos. Preto da costa estes bosques substituíronse por piñeiros eucaliptos.
ØOs prados.
4     .       Clima subtropical:
a.       Nas illas Canarias.
b.      temperaturas suaves todo o ano, sen grandes variacións. As temperaturas adoitan estar arredor dos 20 ºC.
c.       As precipitacións son escasas, sobre todo en Lanzarote e Fuerteventura, as illas con menor altitude e máis próximas a África. No norte das illas de maior altitude rexístranse as maiores precipitacións de Canarias, mentres que ao sur apenas chove.
d.      A vexetación de Canarias: vexetación de Canarias adáptase á humidade e á altura das illas. Así distínguense tres zonas:
ØZona baixa. Entre os 0 e os 400 metros. Cardónstabaibaspalmeiras sabinas, que son plantas que soportan ben as escasas chuvias.
ØZona media. No norte das illas de maior altitude. Laurisilva, que é un bosque de loureiros e tilos.
ØZona de cumes. Nas zonas de maior altitude. Piñeiro canario, codeso canario e violeta do Teide.
5     .        Clima de montaña:
a.       Nas terras máis elevadas.
b.      As temperaturas dos meses de inverno son moi baixas, incluso por debaixo de 0 ºC, e as dos meses de verán son frescas, arredor dos 15 ºC.
c.       As precipitacións son abundantes e nos meses de inverno adoitan ser en forma de neve.
d.      vexetación cambia coa altura. Nas zonas máis altas hai plantas diferentes das terras de menor altitude.  
ØNas zonas do cume, onde as temperaturas son máis baixas, só hai prados e algúns arbustos, como o codeso.
ØNas zonas algo máis baixas, medran bosques de piñeiros abetos.

ØNas de menor altura, medran carballos.

      Matemáticas:  Na páxina de matemáticas hai uns enlaces con páxinas da Consellería de Educación do goberno de Canarias nos que podedes practicar todo o que demos de operacións con números decimais.    
      Páx. 113, ex. 12 e Eres capaz de ...

Alternativa:

Inglés:


No hay comentarios:

Publicar un comentario