jueves, 14 de marzo de 2013

Adiviña matemática



Un pastor dille a outro:
−Por que non me das unha das túas ovellas, así teremos o mesmo número?
Respóndelle o outro pastor:
−Mellor dáme unha das túas, así eu terei o dobre de ovellas que ti.
¿Cantas ovellas tiña cada un?

miércoles, 6 de marzo de 2013

Adiviña matemática


O problema de Andrés:
Andrés pediulle cartos á súa nai e ao seu pai para comprar uns pantalóns, 50 euros a cada un. Comprou un pantalón que custaba 97 euros. Cos 3 euros que lle sobraron devolveulle 1 euro á súa nai (que polo tanto puxo 49 euros) e outro ao seu pai (que tamén puxo 49 euros), e el quedou con outro euro. Polo tanto, 49 euros + 49 euros + 1 euro =  99 euros, e non os 100 euros que pedira, ¿onde está o euro que falta?

sábado, 2 de marzo de 2013