jueves, 6 de marzo de 2014

Traballo diario. 06-03-14

Lengua castellana: 
Pág. 111, ej.1 (los 4 últimos puntos) y 2.

Lingua galega:
Rematar a reportaxe sobre o Entroido os que non a entregaron.

Coñecemento do medio:
Estudar as páxinas 116 e 117.

9 O clima de Galicia e España

O Clima
1     .              O tempo atmosférico:  Como está o aire que nos arrodea nun momento determinado, é dicir, se vai calor, frío, chove  ou vai vento.
2    .      O clima: É o estado característico da atmosfera que se repite nun lugar, é dicir, como son as temperaturas, as precipitacións e os ventos ao longo de moito tempo.
a.       Elementos do clima: (o que hai que medir para estudar un clima)
-        Temperatura
-        Precipitación
-        Presión atmosférica
b.      Factores que inflúen no clima: (o que fai que as medicións varíen)
-        A distancia do mar
-        O relevo
-        A proximidade ao ecuador
Os climas de España
1      .       Clima mediterráneo típico:
a.       Na costa mediterránea, desde Cataluña ata Andalucía, as illas Baleares, Ceuta e Melilla.
b.      Temperaturas son suaves pola influencia do mar. Arredor dos 12 ºC no inverno. Verán caloroso, 27 ºC e incluso máis.
c.       Precipitacións pouco abundantes, sobre todo no verán que é a estación seca. Non se superan os 600 l/m2 anuais. As precipitacións máis abundantes caen na primavera e no outono.
2     .       Clima mediterráneo de interior:
a.       Na Meseta e na depresión do Ebro.
b.      Verán seco e caloroso. Temperaturas extremas, moi baixas no inverno, en torno aos 4 ºC, e altas no verán, uns 23 ºC.
c.       As precipitacións caen sobre todo na primavera e no outono. Adoita chover uns 400 l/m2 anuais.
d.      A vexetación mediterránea (Clima mediterráneo típico e de interior): A vexetación característica é o bosque mediterráneo:
Ø  Árbores: aciñeiras, sobreiras, piñeiros e, nas zonas máis húmidas, carballos.
Ø  Arbustos: carrascas, xaras, tomiño, lavanda, xesta e romeu.
Ø  En moitas zonas a vexetación natural substituíuse por cultivos.
Ø  Noutras, o bosque mediterráneo foise degradando, e só crecen arbustos.
Ø  Nas zonas máis áridas do sueste da Península, crecen o palmito e o esparto, que son plantas que necesitan pouca auga para medraren.
Ø  Nas zonas máis frías, con clima mediterráneo de interior, medran árbores que resisten ben as baixas temperaturas, como a sabina e o cimbro.


3     .       Clima oceánico
a.       No norte da Península: Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e parte de Aragón e Castela e León.
b.      As temperaturas son suaves ao longo de todo o ano debido á proximidade do mar. Os meses de verán son frescos, cuns 20 ºC de temperatura, e os de inverno son temperados, cuns 11 ºC.
c.       As precipitacións son abundantes ao longo de todo o ano, superan os 1.100 l/m2 e prodúcense en todas as estacións do ano, aínda que no verán descenden un pouco.
d.      A vexetación das zonas con clima oceánico é abundante porque as choivas son frecuentes. Podemos distinguir os bosques e os prados.
ØOs bosques. O bosque típico é o bosque atlántico. Está formado por árbores que necesitan moita auga: carballos, castiñeiros e faias. No chan destes bosques tamén medran outras plantas, como fieitos e toxos. Preto da costa estes bosques substituíronse por piñeiros e eucaliptos.
ØOs prados.
4     .       Clima subtropical:
a.       Nas illas Canarias.
b.      temperaturas suaves todo o ano, sen grandes variacións. As temperaturas adoitan estar arredor dos 20 ºC.
c.       As precipitacións son escasas, sobre todo en Lanzarote e Fuerteventura, as illas con menor altitude e máis próximas a África. No norte das illas de maior altitude rexístranse as maiores precipitacións de Canarias, mentres que ao sur apenas chove.
d.      A vexetación de Canarias: A vexetación de Canarias adáptase á humidade e á altura das illas. Así distínguense tres zonas:
ØZona baixa. Entre os 0 e os 400 metros. Cardóns, tabaibas, palmeiras e sabinas, que son plantas que soportan ben as escasas chuvias.
ØZona media. No norte das illas de maior altitude. Laurisilva, que é un bosque de loureiros e tilos.
ØZona de cumes. Nas zonas de maior altitude. Piñeiro canario, codeso canario e violeta do Teide.
5     .       Clima de montaña:
a.       Nas terras máis elevadas.
b.      As temperaturas dos meses de inverno son moi baixas, incluso por debaixo de 0 ºC, e as dos meses de verán son frescas, arredor dos 15 ºC.
c.       As precipitacións son abundantes e nos meses de inverno adoitan ser en forma de neve.
d.      A vexetación cambia coa altura. Nas zonas máis altas hai plantas diferentes das terras de menor altitude.  
ØNas zonas do cume, onde as temperaturas son máis baixas, só hai prados e algúns arbustos, como o codeso.
ØNas zonas algo máis baixas, medran bosques de piñeiros e abetos.

ØNas de menor altura, medran carballos.

Matemáticas:  Na páxina de matemáticas hai uns enlaces con páxinas da Consellería de Educación do goberno de Canarias nos que podedes practicar todo o que demos de operacións con números decimais.
Páx. 110, ex. 1.
Páx. 112, ex. 6, 7 e 7.

Alternativa:

Inglés:

No hay comentarios:

Publicar un comentario