lunes, 29 de abril de 2013

Traballo diario. 29-04-13


Lingua galega: Páx. 150, ex. 1. (repetilo usando o dicionario)
Páx. 154, ex. 1.
Estudar os cadros amarelos das páxs. 151, 152, 153 e 154.

Lengua castellana: Pág. 150, ej. 3.
Pág. 151, ej. 5 y 6.
154, Ej. 1 y 5.
Estudiar los cuadros amarillos de las páginas 148, 150 y 151.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Pág. 152, ej. 1, 2 e 3.
Estudar os resumos do tema 11.

Matemáticas: Pág. 160, ej. 6 y 7.

jueves, 25 de abril de 2013

Traballo diario. 26-04-13


Lingua galega: Páx. 150, ex. 1.
Páx. 151, ex. 4 e 5.
Páx. 153, ex. 5.
Estudar os cadros amarelos das páxs. 151, 152 e 153.

Lengua castellana: Pág. 150, ej. 3.
Pág. 151, ej. 5 y 6.
154, Ej. 1 y 5.
Estudiar los cuadros amarillos de las páginas 148, 150 y 151.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Pág. 152, ej. 1, 2 e 3.
Estudar os resumos do tema 11.

Matemáticas: Pág. 159, ej. 7.
Pág. 160, ej. 1, 2 y 3.

miércoles, 24 de abril de 2013

Traballo diario. 25-04-13


Lingua galega: Páx. 150, ex. 1.
Páx. 151, ex. 4 e 5.
Páx. 153, ex. 5.
Estudar os cadros amarelos das páxs. 151, 152 e 153.

Lengua castellana: Pág. 149, ej. 5, y 7.
Pág. 150, ej. 2.
Pág. 151, ej. 4.
Estudiar los cuadros amarillos de las páginas 148, 150 y 151.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Facer o resumo de "As actividades económicas de España", páxs. 150 e 151 seguindo o esquema copiado da pizarra. Estudar o resumo.

Matemáticas: Págs. 158 y 159, ej. 3 y 5.
Pág. 157, ej. 3 (2 primeros puntos)
Pág. 155, ej. 3 (2º punto)

Traballo diario. 24-04-13

Lingua galega: Páxs. 152 e 153, ex. 1, 3 e 4.
Estudar os cadros amarelos das páxs. 152 e 153.

Lengua castellana: Pág. 149, ej. 5, y 7.
Pág. 150, ej. 2.
Pág. 151, ej. 4.
Estudiar los cuadros amarillos de las páginas 148, 150 y 151.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Facer o resumo de "As actividades económicas de Europa", páxs. 148 e 149. Estudar o resumo.

Matemáticas: Pág. 158, ej. 1 y 4.
Pág. 156, ej. 2
Pág. 155, ej. 3 (primer punto)

martes, 23 de abril de 2013

Traballo diario. 23-04-13


Lingua galega: Páx 149, ex. 1 (o tema pode ser tamén Anxo Fariña).
Estudar o cadro amarelo da páx. 149.

Lengua castellana: Pág. 148, ej. 1, 2, 3, y 4.
Estudiar los dos cuadros amarillos de la página 148.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Facer o resumo de "As actividades económicas  de Europa", páxs. 148 e 149. Estudar o resumo.

Matemáticas: Pág. 156, ej. 1
Pág. 155, ej. 4 (los 2 de abajo)
Coloca os signos que faltan (+, -, x, :) para que se cumpra cada igualdade.


lunes, 22 de abril de 2013

Traballo diario. 22-04-13

Lingua galega: Páx 149, ex. 1 (o tema pode ser tamén Anxo Fariña).
Estudar o cadro amarelo da páx. 149.

Lengua castellana: Pág. 147, ej. 2, 3, 5 y 6.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.
Facer o resumo de "A poboación de Europa", páxs. 146 e 147. Estudar o resumo.

Matemáticas: Pág. 156, ej. 1
Pág. 155, ej. 4 (los 2 de abajo)

viernes, 19 de abril de 2013

Traballo diario. 19-04-13

Lingua galega: Páx 148, ex. 4, 5, 6, 7 e 10.

Lengua castellana: Pág. 147, ej. 2, 3, 5 y 6.

Coñecemento do medio: Completar as pirámides de idades do arquivo da memoria flash.

Matemáticas: Pág. 154, ej. 2
                       Pág. 155, ej. 4 (los 2 de arriba)

jueves, 18 de abril de 2013

Traballo diario. 18-04-13

Lingua galega: Páx 148, ex. 4, 5, 6, 7 e 10.
                     
Lengua castellana: Pág. 146, ej. 2, 3 y 4 (Escribimos sobre el texto).

Coñecemento do medio:

Matemáticas: Pág. 154, ej. 1

miércoles, 17 de abril de 2013

Traballo diario. 17/04/13

Lingua galega: Páx 142, ex. 2, 3 e 4.
                      Estudar os cadros amarelos das páxinas 140 e 141.

Lengua castellana: Pág. 146, ej. 2, 3 y 4 (Escribimos sobre el texto).

Coñecemento do medio: Exame do tema 10 mañá xoves.

sábado, 13 de abril de 2013

EVIL = DIAÑO


EVIL = A DIAÑO
Todo empezou cando eu era pequeno, o meu pai maltrataba ao meu irmán e á miña nai, pero a min nin me tocaba, eu creo que sentía predilección por min, a verdade é que me parecía moito a el, eu creo que o meu pai era o mesmo diaño, aínda que comigo era moi bo, ás veces dábanlle brotes de maldade e ... digamos que lle pegaba á miña nai ou ao meu irmán.
Despois de dous anos de pura maldade (para min non, claro) o meu irmán suicídase aos quince anos e eu pasei de ser o pequeno a ser o... único!!! Aínda que, claro, me levaba moi ben con el, así que... foi moi duro, a súa nota poñía que non podía máis e por iso se ía, é algo triste e para colmo, eu con vinte e un anos e o meu pai morre e dime que a culpa do suicidio do meu irmán... etc. tíñao un simple cura, o padre Evaristo e aí é cando empecei a desenvolver o meu malicioso plan.
Primeiro fun ao confesionario e conteille toda a miña historia e que tivese coidado, que o ía matar, todos os días ía á súa misa e sentábame no último banco. Que nervioso estaba! Metéralle medo de verdade, e o día que o ía matar de verdade, antes de que acabase a misa funme, e el sabía que ía morrer, o padre correu a chamar á policía e deixou unha mensaxe en morse, SOS, e eu fun atrás del e mateino, púxenlle no costado o número 999. Gha, gha, gha!!! O número da miña casa, onde sucedera todo, e despois, mentres se desangraba, linlle unha parte do libro dos mortos. Si!!! O do diaño, e leveino deica a súa habitación e tireino sobre a cama. A miña ira foise de súpeto e lembrei ao meu pai.
Era unha mañá como outra calquera na comisaría de policía, a axente Bianca está sentada tan tranquila na súa mesa tomando un café cando, de repente, soou o teléfono, ela colleuno e dixo:
–Comisaría de Santiago, que desexa?
Silencio, o único que se escoita é silencio, ata que de repente se escoita:
–Tic, tic, tic... Despois colgou.
Bianca non lle deu  máis importancia, ata que despois duns días todo cambia...
A praza do Obradoiro está chea de coches da policía, a axente Bianca baixase do coche e ve a un home estraño, o home acércaselle e preséntase.
–Son o detective Ayala.
–Eu son Bianca, a axente Bianca.
Hai un minuto de silencio.
–Ben, que che parece se entramos.
–Si, claro.
Xa dentro, atopa o cadáver do padre Evaristo. Estaba tirado sobre unha especie de sofá, colocado boca abaixo. A causa da morte estaba clara, déranlle nas costas cun anaco de ferro fervendo, o estraño era que tiña escrito 999 no lombo e que a única cheminea que había estaba noutra habitación.
Bianca pensaba en que podían significar esas estrañas marcas que tiña nas costas, ela inconscientemente mirou para arriba e viu un espello, ao vela o detective acercouse a ela, e ao vela mirar para arriba el tamén o fixo, o cadáver do padre Evaristo estaba reflectido no espello e, de súpeto, dixo Ayala:
–666.
–Que dixo?
–666, o código do diaño.
–E que ten que ver iso agora?
–Pois que 999 no espello é 666.
Xa tiñan unha pista, fóronse para a comisaría a investigar un pouco sobre o 666. Non só atoparon unha morea de cousas sobre o diaño, senón tamén unha tumba nunha cripta con corpos dos sacerdotes e curas da catedral co número 666.
O detective Ayala foi a abrir a tumba 666, abrírona e había un libro, estraño, belo, co nome de “El libro del Diablo”...
Mentres tanto, a axente Bianca estaba interrogando á Sra. López, unha muller maior moi devota, que asistía sempre ás misas que daba o padre Evaristo.
–viu algo estraño no padre Evaristo estes días?
–Si, o pobre home estaba moi nervioso en todas as súas misas, e tiña a mirada perdida.
–A si, algo máis?
–Pois...
De repente unha muller moi estraña acércaselle e di: -Sei, que non podo meterme, pero eu vin algo o día da morte que pode axudarlles.
–Diga, por favor, diga.
–Pois, sobre as dez e media, un home ao que non lle puiden ver a cara saía da habitación do padre Evaristo e levaba un estraño libro na man.
Nese intre sona o teléfono da axente Bianca.
–Ola Bianca, son eu, chamaba para dicirche que cun libro que atopamos descubrimos quen é o asasino.
Non foi moi difícil atopar ao “Asasino de Compostela.
E decidiron facerlle un interrogatorio:
–Onde estivo entre as 9.30 e as 10.30 do domingo?
–Pois non sei, non lembro moi ben onde estiven.
–Como é que non se lembra, tómame por idiota?
–Non señor, pero dígolle a verdade.
–Non se faga o ignorante, as súas pegadas estaban no libro.
E contestoulle con voz grave: -O meu fillo non ten nada que ver, fixo o que debía.
–Tiñas relación co morto que estaba no tumba 666? Quen era?
–Era eu. Dixo con voz grave.
–Como que era vostede? Vostede sigue vivo!
–Non, eu son o pai del.
–Pero... como? Preguntou estrañado o detective Ayala.
Bianca aclaroulle:
–Debe de ter personalidade múltiple. Xa verás. Entón, quen matou ao padre Evaristo, ti ou o teu fillo?
De repente quitóuselle a voz grave e dixo: -Eu non fun. E volvendo a falar con voz grave: –Fun eu.
Daquela vírono claro, el collera a personalidade do seu pai e matara ao Padre Evaristo.
No xuízo estaba complicado, pero cando lle tocou falar á axente Bianca:
–O cura Evaristo estaba nervioso porque o seu asasino advertíralle que o ía matar en sinal dunha vinganza familiar, seguiuno, colleuno do pescozo mentres el chamaba á policía e deixou unha mensaxe en código morse pedindo S.O.S., despois matouno, puxo 999 porque era o seu enderezo para dicir que fora el, pero non lle saíu ben, arrastrouno á súa habitación e leulle o libro do diaño para que fora ao inferno, e gardouno na tumba do seu pai. Todo en sinal de vinganza, e teño probas.
Iso foi suficiente para condenalo a sesenta e catro anos de cárcere.
Dúas semanas despois escapou e ninguén sabe onde está...
Idea orixinal:  Ana Hernández
Redacción:  Ana Hernández, Ana Fernández, Mateo García, Nerea López, Daniel Prieto, Antía Corral
Curso: 6º A 2012/2013